DORADO
Durante a década dos 80 Galiza foi a entrada de cocaína máis importante de Europa. Os anos de escaseza na industria pesqueira fixeron que o contrabando de tabaco se convertira nun importante ingreso para manter vivo o negocio.
Despois do tabaco chegou a cocaína e a creación dunha rede clandestina que vivía do contrabando e marcau a toda unha sociedade.
No 2013 o diario español El País publica a exclusiva da amizade entre Alberto Nuñez Feijoo –presidente da Xunta de Galiza entre 2009 e 2022– e Marcial Dorado, contrabandista de tabaco e importante membro dos clans galegos da cocaína.
Dorado foi xulgado na Audiencia Nacional e condeado a 14 anos de prisión. Co tempo Alberto Nuñez Feijoo asumia a Presidencia do Goberno de Galiza e hoxe continúa a súa carreira política cara a presidencia do Estado Español.
Este é un simple exercicio de memoria. Un recordatorio visual sobre a moralidade política.
“Fariña” Portada orixinal: Artur Galocha.
2013-En curso. Proxecto persoal.